Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Febreiro  2010»
L M Mi J V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
             
             

» GRAVACIÓN PARA O PROGRAMA ALALÁ DA TVG

Despois dunhas semanas de descanso, logo da intensa actividade dos últimos meses, os membros da Coral De Ruada retoman o traballo de cara á nova tempada.

Para comezar, participaron, durante os días 2, 3, 4 e 5 de febreiro, en gravacións destinadas ao programa "Alalá" da TVG, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego. O programa emitirase, en principio, o martes 9 de marzo a partir das 21,30 horas e no mesmo poderanse ver distintas entrevistas realizadas a membros da Coral, ensaios, fotografías, libros, revistas, unha actuación gravada no paraninfo do IES "Otero Pedrayo", etc.

Enviado por coralderuada o 06 de Febreiro do 2010 ás 20:48
0 Comentarios
» MERECIDO DESCANSO

Despois de catro meses de intenso traballo (exposicións, ensaios, preto de vinte actuacións por toda a xeografía galega e Andalucía, etc.) a Xunta de Goberno da Coral De Ruada considerou oportuno dar un máis que merecido descanso de tres semanas a tódolos coralistas.

Os ensaios reiniciaranse o martes día 2 de febreiro e servirán para preparar a nova campaña baixo a dirección do novo director Xoán Antón Vázquez Casas.

Enviado por coralderuada o 06 de Xaneiro do 2010 ás 20:07
0 Comentarios
» FALECEMENTO DO EX-DIRECTOR MANUEL DE DIOS

A familia ruadista está de loito porque o venres, día 13 de novembro, faleceu o que foi durante máis de 30 anos director da Coral De Ruada Manuel de Dios Martínez.

O enterro tivo lugar no cemiterio de San Paio de Albán (Coles) o sábado, día 14, ás 16,00 horas, mentres a Coral De Ruada tivo que desprazarse a Oia (Pontevedra) para ofrecer un concerto que comezaba ás 17,00 horas.

Proximamente, a Coral De Ruada ofrecerá unha Misa polo eterno descanso do noso ex-director á que convidaremos á súa familia, amigos e todos aqueles que queiran acompañarnos.

Descanse en paz o mestre e amigo.

Enviado por coralderuada o 15 de Novembro do 2009 ás 10:26
0 Comentarios
» NOVO DIRECTOR DA CORAL DE RUADA
Coincidindo co inicio do novo curso, vense de producir na Coral De Ruada o relevo do que foi o seu director, Juan José Rumbao Requejo, polo profesor do Conservatorio Xoán Antón Vázquez Casas, que contará coa colaboración, como subdirector, do coralista Álvaro Iglesias Montes.
Enviado por coralderuada o 02 de Outubro do 2009 ás 19:50
0 Comentarios
» REINICIO DOS ENSAIOS. ADMISIÓN DE NOVOS CORALISTAS

Despois das ben merecidas vacacións do verán, reiniciaranse os ensaios o vindeiro martes día 15 de setembro.

Como cada inicio de tempada, faranse probas de voz para a admisión de novos coralistas, homes e mulleres de tódalas cordas. Non se precisa ter coñecementos musicais nin nunha voz extraordinaria, senón soamente un bo oído, entonación e, sobre todo, moitas ganas de formar parte da nosa Coral. Tamén se farán probas para músicos de instrumentos tradicionais (gaita, zanfona, tamboril, pandeireta, bombo, cunchas, etc.). As probas realizaranse os martes e xoves dende as 20,00 horas no noso local do teatro Principal. Para calquera dúbida poñédevos en contacto con nós no propio teatro ou a través de email (info@coralderuada.com).

Enviado por coralderuada o 04 de Septembro do 2009 ás 00:37
0 Comentarios
 © Coral de Ruada | 9-02-2010 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica