Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xullo  2010»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
             

» PROGRAMA ESPECIAL DA TVG CO GALLO DO DÍA DE GALICIA

A Coral De Ruada participará no programa especial da TVG co gallo do Día de Galicia que se emitirá en directo o día 24 de xullo pola noite. De Ruada participará por partida dobre, xa que cantará co grupo Treixadura a "Foliada marmuradora" e acompañará ao popular cantautor de Allariz Xosé Manuel Piñeiro na súa cantiga "Preciso de ti".

Enviado por coralderuada o 07 de Xullo do 2010 ás 23:58
0 Comentarios
» GRAVACIÓN CO GRUPO TREIXADURA
O pasado 29 de xuño a Coral De Ruada gravou a Foliada Marmuradora que será interpretada, ademais, por Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas da Terra da Coruña e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela. A parte instrumental corre a cargo do excelente grupo de gaiteiros Treixadura. Esta peza formará parte do CD "Esta si que é muiñada" que está en período de gravación.
Enviado por coralderuada o 07 de Xullo do 2010 ás 23:55
0 Comentarios
» NOVO NÚMERO DA REVISTA CORAL DE RUADA

O pasado 24 de xuño ded 2010 presentouse o nº 8, ano 2009, da revista "Coral De Ruada" que, ademais das seccións habituais, incorpora un suplemento titulado "Alexandro Bóveda, coralista", de Xaquín Vales, que estudia a faceta do egrexio galeguista como coralista do Orfeón Unión Orensana, Coral De Ruada (aínda que este extremo non está totalmente confirmado) e Coral Polifónica de Pontevedra, na que cantou como tenor solista.

A revista será distribuída entre os Amigos da Coral, bibliotecas, institucións culturais, centros galegos, etc.

Enviado por coralderuada o 07 de Xullo do 2010 ás 23:51
0 Comentarios
» IV CERTAME INTERNACIONAL DE COROS DE RUADA
Xa está ultimada a programación do IV Certame Internacional de Coros “De Ruada” que organiza a Coral De Ruada co patrocinio a Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense. Este Certame está incluído na programación de Festas de Ourense 2010 e conta coa colaboración do Teatro Principal e do Cabido da Catedral de Ourense. Para coñecer a programación completa consultar o apartado "Certame Internacional de Coros De Ruada" na páxina principal.
Enviado por coralderuada o 06 de Maio do 2010 ás 17:18
1 Comentarios
» PRESENTACIÓN DO PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO

A Coral De Ruada organiza o Premio Xabier Prado "Lameiro", de periodicidade anual, co patrocinio de Xabier Prado Méndez -neto de aquel- e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Teatro Principal.

Con este premio preténdese recoñecer, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.

O acto de presentación terá lugar o mércores 19 de maio, a partir das 12,00 horas, no Teatro Principal.

Enviado por coralderuada o 18 de Abril do 2010 ás 21:03
0 Comentarios
 © Coral de Ruada | 31-07-2010 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica