Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
» XORNADAS LEMBRADE-NÓSImprimir

A Coral “De Ruada” organiza -co patrocinio da Concellería de Cultura do Concello de Ourense e coa colaboración do Liceo e da Comunidade Franciscana de Ourense- as xornadas “LembradeNÓS, coas que pretendemos homenaxear aos membros dunha xeración -Xeración NÓS- que fundaron e editaron a revista NÓS, cando estamos a poucos anos do centenario da edición en Ourense do seu primeiro número (30 de outubro de 1920).

Convidamos a tódolos ourensáns a participar nestas xornadas que terán a seguinte programación:


Domingo, 30 de outubro:

Igrexa dos PP. Franciscanos (parque de San Lázaro): 19,30 horas.

Misa en memoria dos compoñentes da Xeración NÓS cantada pola Coral De Ruada.

Xoves, 3 de novembro:

Cemiterio de San Francisco: 17,00 horas.

Visita guiada ao cemiterio a cargo do profesor Afonso Vázquez-Monxardín.

Sábado, 5 de novembro:

Liceo de Ourense (salón nobre): 20,00 horas.

“Ourense e a Xeración NÓS”, polo profesor Xosé Fernández Fernández.

Actuación de:

Abertal (de A Rúa de Valdeorras).

Real Coro Toxos e Froles (de Ferrol).

Coral De Ruada.

Enviado por coralderuada o 26 de Outubro de 2016 ás 21:56 
Comentarios





Si deseas escribir comentarios puedes Crear una cuenta aqui.
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica