Despois de catro meses de intenso traballo (exposicións, ensaios, preto de vinte actuacións por toda a xeografía galega e Andalucía, etc.) a Xunta de Goberno da Coral De Ruada considerou oportuno dar un máis que merecido descanso de tres semanas a tódolos coralistas. Os ensaios reiniciaranse o martes día 2 de febreiro e servirán para preparar a nova campaña baixo a dirección do novo director Xoán Antón Vázquez Casas.
|