O sábado día 20 de febreiro tivo lugar a Asemblea Xeral Extraordinaria da Coral “De Ruada”, tal como prescriben os vixentes Estatutos, co obxecto de elixir unha nova Xunta de Goberno para un período de tres anos. Nun ambiente de gran cordialidade, celebrouse a votación e posterior reconto dos votos emitidos polos 53 coralistas asistentes, quedando composta a Xunta de Goberno do xeito seguinte: Presidente: Eladio Quevedo Almoina. Membros elixidos polos coralistas: Emilio Rodríguez Portabales, Jesusa Varela García, Manuel Ángel Sánchez Pérez, Carmelo Jesús Hernández Morán, María Belén Vázquez Lamela, Manuel Souto Prieto, Ana María Herrero Prieto, Gerardo Gómez Gómez, Luis Ángel Fernández Iglesias e Camilo Villanueva Valdés. Membros natos: Xoán Antón Vázquez Casas (director) e Álvaro Iglesias Montes (sudirector). Membros non coralistas: Samuel Lago Fernández, José Manuel Fernández Sobrino e Juan Luis Saco Cid.
|