A Coral De Ruada organiza o Premio Xabier Prado "Lameiro", de periodicidade anual, co patrocinio de Xabier Prado Méndez -neto de aquel- e coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Teatro Principal. Con este premio preténdese recoñecer, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas. O acto de presentación terá lugar o mércores 19 de maio, a partir das 12,00 horas, no Teatro Principal.
|