Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Agosto  2017»
L M Mi J V S D
  123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031     
             
Entre 1920 e 1945 son moitos os concertos, festivais e outras actividades nas que participa a CORAL DE RUADA por tódolos pobos de Galicia, nas máis importantes cidades de España e en América. As máis salientables son as seguintes:

1920
Actuación no balneario de Mondariz co gallo da reunión da Real Academia Galega en que se nomearon académicos a Antonio Rey Soto e a Ramón Cabanillas.
Primeiro viaxe a Madrid para participar na “Gran semana gallega” con grande éxito.

1923
Primeira xeira astur-leonesa: La Felguera, Gijón, Oviedo, León e Villafranca do Bierzo.

1924
Actuación nas festas do Corpus de Ourense e nova viaxe a Madrid, onde ofreceu tres concertos. Basilio Álvarez, que era o presidente da Casa de Galicia en Madrid, colgou na bandeira da CORAL a garabata doada polo Ministro da Gobernación, xeneral Martínez Anido.

1925
De novo a Madrid para asistir á manifestación patriótica de adhesión ós Reis de España.
Nova garabata para a bandeira da CORAL; nesta ocasión foi doada por tódalas diputacións de España con motivo de ter participado na homenaxe ó Rei Alfonso XIII.
Primeira xeira andaluza da CORAL, ofrecendo tres concertos no teatro Cervantes de Sevilla., e outros concertos en Cádiz e Málaga.
Nova xeira ástur-leonesa, con actuacións en La Felguera, Gijón, Oviedo, Mieres e León.
Participación na gravación do filme “La Virgen del Cristal”, dos irmáns lugueses Manuel e Saturio Lois Piñeiro, rodada en Allariz, Vilanova dos Infantes e Gustei.

1927
Nova xeira andaluza acompañados de Faustino Santalices: Sevilla (Sala da Radio e Teatro Cervantes) e Cádiz (Gran Teatro, con presentación do escritor ourensán Eugenio Montes). Debido ó éxito acadado en Cádiz, tiveron que prolongar a súa estancia nesa cidade andaluza, tendo que suspender actuacións programadas en Málaga, Alxeciras, Xibraltar e A Liña da Concepción.
Actuación, xunto co grupo “Os Enxebres”, para as SS.MM., os Reis Alfonso XIII e Dona Victoria na súa visita a Ourense. A CORAL DE RUADA estivo acompañada polos gaiteiros Faustino Santalices e Modesto Sánchez.
Elección de nova Xunta de Goberno, facéndose cargo da presidencia Xabier Prado “Lameiro”.

1928
Bandeira da Casa de Galicia de Cádiz para a CORAL DE RUADA, polos éxitos acadados naquela cidade andaluza.

1929
Homenaxe a Xabier Prado “Lameiro”, coa entrega ó escritor e presidente da CORAL DE RUADA das súas obras completas en catro tomos, editados en “La Región” por suscripción popular. Tamén se pide a erección dun monumento na súa honra.
Participación nos actos de inauguración da Casa do Pobo nas proximidades dos Xardíns do Posío.
Gravación dos primeiros discos pola casa COLUMBIA-REGAL.
Iníciase a colaboración con Camilo Díaz Baliño para a posta en marcha das escenas corais galegas, que se estrearán, con grande éxito, nos últimos días de decembro.

1930
Inícianse as xestións e preparativos para a primeira xeira sudamericana.

1931
Primeira xeira sudamericana con actuacións en Arxentina, Uruguai e Brasil.
A CORAL DE RUADA, que saíu do porto de Vigo o día 10 de marzo, chegou a Bos Aires o 27 de marzo e, despois de ter que prorrogar a súa estancia inicialmente prevista (o que impediu que se atendesen peticións de actuación dos centros galegos en Rosario, Córdoba, Mendoza, etc..), ofrece o último concerto o día 15 de maio no teatro Avenida. A CORAL DE RUADA participou, ademais, en numerosas homenaxes, recepcións (incluso co Presidente da República, José Félix Uriburu), actos benéficos, etc..
A seguinte escala será Montevideo, onde permanecerá entre os días 16 de maio e 5 de xuño, ofrecendo diversos concertos nos teatros “18 de Julio” e Solís, ademais de todo tipo de actos sociais e protocolarios.
O día 7 de xuño debuta no Theatro Coliseu de Santos (Brasil), no que actúa ata o 12 de mesmo mes. Finalmente, entre os días 15 e 21 de xuño actúan no Theatro Gloria de Río de Janeiro.
Regresan ó mesmo porto que os viu saír o día 7 de xullo, catro meses despois, deixando atrás preto de ¡180 festivais! nos que acadaron enorme éxito con tódalas entradas vendidas na meirande parte dos casos.

1932
Participación no I Aniversario da República en Madrid, convidados polo Ministro de Obras Públicas e deputado por Ourense, Sr. Calvo Sotelo. Durante a estadía en Madrid, a CORAL DE RUADA será agasallada polo deputado Basilio Álvares e polo Centro Gallego, presidido entón por Ramón Cabanillas.
Certo malestar entre membros da Xunta de Goberno e o director culminas coa dimisión de Daniel González.

1933
Novas eleccións para a constitución da Xunta de Goberno, facéndose cargo da presidencia da mesma Olegario Muñiz García.

1934
Despois de varios intentos de substitución de Daniel González, é o propio Daniel González quen se fai cargo, de novo, da dirección da CORAL DE RUADA.
Participación nas Festas do Apóstolo e no Congreso de Ciencias en Santiago de Compostela.
Participación, xunto co Orfeón Unión Orensana, Os Enxebres e a Banda de Alongos, no recibimento tributado ó Presidente da República, D. Niceto Alcalá Zamora, no Parque de San Lázaro, no seu paso por Ourense en xeira por Galicia.
Participación nos actos de inauguración do monumento a Curros Enríquez, no Paseo de Méndez Núñez da Coruña, presididos polo Presidente da República, D. Niceto Alcalá Zamora.

1935
Primeira saída a Portugal, concretamente a Vila do Conde (Oporto) para participar nun festival organizado pola Santa Casa de Misericordia.

1936-39
A Guerra Civil interrompe, loxicamente, as actividades da CORAL, que perde na contenda a algúns dos seus membros.
En outubro de 1939, xa finalizada a guerra, comeza a reorganización da CORAL DE RUADA.

1940-41
Elección de nova Xunta de Goberno presidida por Xabier Prado “Lameiro”.
O 11 de maio reaparece a CORAL DE RUADA no teatro Losada baixo a dirección de Germán Rodríguez González. O novo director terá unha presencia efémera, xa que pronto será relevado, de novo, por Daniel González.

1942
Ano de loito para a CORAL DE RUADA, xa que o día 26 de decembro morre en Santiago de Compostela o seu presidente Xabier Prado “Lameiro”.

1943
Renovación da Xunta de Goberno, facéndose cargo da presidencia Antonio García Nóvoa “Perniñas”.
Celébranse festivais parara recadar fondos con destino ó monumento a Xabier Prado “Lameiro”.

1944
Continúan os festivais parara recadar fondos con destino ó monumento a Xabier Prado “Lameiro”, extendéndose a varias cidades galegas (Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo...).
O Concello de Ourense autoriza a construcción do monumento a Xabier Prado “Lameiro” no antigo Campo de San Lázaro (fronte á Igrexa de San Francisco).
Vodas de Prata da CORAL DE RUADA, celebradas con varios actos e cun concerto no Coliseo Xesteira no que se homenaxea a Daniel González.
En 1940 o goberno da recentemente instaurada dictadura crea a “Obra Sindical de Educación y Descanso” na que, por dificultades de tipo económico, se integra a CORAL DE RUADA.

1945
Inauguración do monumento a Xabier Prado “Lameiro” no Campo de San Lázaro. O molde do busto foi realizado por Asorey en escaiola (este molde foi doado polos herdeiros de Xabier Prado “Lameiro” á Real Academia Galega, con motivo da homenaxe que esta institución lle rendeu a Prado “Lameiro” en 2003) e del fixéronse dúas copias en bronce: a que se colocou no monumento e a que se atopa nos locais da CORAL DE RUADA.
Viaxe a Madrid para actuar, con grande éxito, no teatro María Guerrero.
Dimite Daniel González como director, quedando como asesor artístico.
 © Coral de Ruada | 19-08-2017 | 2 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica