Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Xuño  2017»
L M Mi J V S D
      1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930   
             
Seguen a producirse viaxes pola práctica totalidade dos pobos, vilas e cidades de Galicia. Os acontecementos máis salientables son:

1945
Como xa se indicou, cando se produce a dimisión de Daniel González faise cargo da dirección da CORAL Isolino Canal Freire, que viña exercendo de subdirector, quedando aquel como asesor artístico.
Nova viaxe a Madrid para gravar novos discos. Ademais grava a música do filme “Mar abierto” nos estudios que Suevia Films, de Cesáreo González, tiña en Chamartín de la Rosa. Tamén grava un progama de Radio Nacional de España para América e participa nun festival benéfico para orfos de Maxisterio celebrado no Circo Price.

1946
Ademais de ofrecer varios concertos pola xeografía galega, realiza unha nova xeira por terras asturianas.

1947
Parece que as relacións entre o asesor artístico (Daniel González) e o director (Isolino Canal) non eran as máis axeitadas para levar adiante os proxecto da CORAL DE RUADA, polo que volve o primeiro á dirección.
Primeira xeira a terras vascas, concretamente a Bilbao e Baracaldo, ademais de numerosas actuacións por Galicia.

1948
Estrea en Ourense da “Evocación histórica do Camiño de Santiago” coa colaboración do eminente etnógrafo Xaquín Lorenzo “Xocas”.

1949
Nova viaxe a Madrid para asistir ó “Concurso Internacional de Coros y Danzas” celebrado na Casa de Campo.
Ofrécese un concerto-homenaxe a Daniel González, Virxilio Fernández e Jaime Montes.
Actuación na Coruña diante do xeneral Franco e o rei Abdullah de Xordania.

1950
En Ourense a CORAL DE RUADA aborda unha nova modalidade, a polifonía clásica.
Nova viaxe a Madrid para inaugurar a “I Feria del Campo” e participar no programa radiofónico “Fiesta en el aire” de Radio Nacional de España.
Primeira viaxe a Salamanca e Zamora.

1951
Nova Xunta de Goberno da CORAL DE RUADA presidida, nesta ocasión, por Luís Pérez Colemán.
Primeira viaxe a Barcelona.

1952
Participación nun festival folclórico internacional na Coruña. Entre as autoridades presentes atópase o presidente de Liberia, William V. S. Tubman, e o ministro de asuntos exteriores español, Alberto Martín-Artajo Álvarez.
Nova viaxe a Barcelona e primeira visita a Valladolid.
Dimite Daniel González, que deixará a CORAL DE RUADA definitivamente. Substitúeo de novo Isolino Canal.

1953
Nova viaxe a Barcelona, con parada e actuación en Fraga (Huesca), para participar nas “Fiestas de la Merced” cun concerto no teatro Romea. De regreso a Ourense paran en Salamanca para ofrecer un concerto, no teatro Gran Vía, organizado pola “Sociedad Filarmónica” desa cidade e patrocinado polo gobernador civil da provincia, o ourensán José Luís Taboada García.

1954
Homenaxe do Concello de Ourense á CORAL DE RUADA no seu 35º aniversario. O alcalde, Tomas Cid Míllara, entrega unha nova bandeira á CORAL DE RUADA. Fabriciano Iglesias -un dos fundadores- fai entrega dunha garabata e entrega outra garabata o coro coruñés El Eco, que participou na homenaxe.
Presentación do novo espectáculo “Sol e Orballo”.

1955
Nova viaxe a Madrid.
Gravación de novos discos coa casa Columbia.
Crise e dimisión de Isolino Canal, sendo relevado polo organista da Catedral de Ourense, Antonio Jaunsarás Sanmiguel. A dirección do excelente músico navarro foi moi efémera, xa que dimite en decembro do mesmo ano. Nembargantes, o paso de Jaunsarás foi altamente positivo porque, dalgún xeito, abriu a porta da mesma a unha serie de alumnos seus -excelentes músicos- que tomaron ó seu cargo a dirección da CORAL DE RUADA ata os nosos días (Manuel de Dios, Álvaro de Dios, Bruno Fuentes, José María González, Juan José Rumbao).
 © Coral de Ruada | 28-06-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica