Coral de Ruada
Menú
90 Aniversario
Certame Internacional de Coros de Ruada
Premio Xabier Prado Lameiro
Concertos
«Decembro  2017»
L M Mi J V S D
        123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
             
1991
Unha das prioridades da Xunta de Goberno consistiu en atopar un novo presidente para a CORAL, deste xeito, a finais de xaneiro toma posesión unha nova Xunta de Goberno presidida por Julio Francisco Ogando Vázquez.
Pouco despois faise cargo da dirección da CORAL DE RUADA o músico cordobés, residente en Vigo onde exercía a docencia, Javier Luis Jurado Luque. Os ensaios reinícianse o primeiros de febreiro.
Julio Francisco Ogando dimite, e tamén o fan os membros da súa Xunta de Goberno, en outubro debido ó malestar que provocou entre os coralistas unhas declaracións súas co gallo da presentación dunha actuación da CORAL DE RUADA no Liceo.
En novembro realízanse novas eleccións, constituíndose unha nova Xunta de Goberno presidida polo exdirectivo Manuel Rego Nieto, ó que un grupo de coralistas convence para que se presente.
A pesar de todas estas incidencias, a CORAL DE RUADA realizou varias actuacións por toda Galicia.

1992
En 1992 seguen a celebrarse distintos concertos por Galicia, pero hai outros actos que destacan dun xeito especial.
Por unha banda, a CORAL DE RUADA é a encargada, o 30 de xaneiro, da inauguración do teatro Principal despois da súa restauración (levaba pechado dende 1976).
Nova viaxe a Madrid, patrocinado pola Deputación Provincial, para ofrecer un concerto na Igrexa de “Los Jerónimos” co gallo do Congreso Internacional de Belenistas. O concerto foi gran un éxito seguido por preto dun milleiro de belenistas de varios países.
O Presidente da Xunta de Galicia, D. Manuel Fraga Iribarne, entrega a medalla de bronce de Galicia á CORAL DE RUADA.

1993
Participación no acto académico no que se nomea ó Presidente da República Portuguesa, Mario Soares, Doctor Honoris Causa pola Facultade de Dereito de Ourense.
Cando todo parecía marchar con paso firme e tranquilo, o director, Javier Luís Jurado Luque, deixa a CORAL alegando discrepancias coa Xunta de Goberno.
A Xunta de Goberno ponse en contacto co profesor de Música do Instituto Otero Pedrayo -tamén discípulo de Antonio Jaunsarás- José María Santos González Álvarez, que acepta a dirección da CORAL DE RUADA, pero facéndose cargo da mesma despois de que a CORAL enfronte os inminentes compromisos das actuacións no Camiño de Santiago (Astorga, Villafranca del Bierzo, Portomarín e Misa na Catedral de Santiago de Compostela). Nestas actuacións fixo de director o veterano coralista José Gallego Aguiar “Chuti”.
 © Coral de Ruada | 14-12-2017 | 1 usuarios activos   | Confidencialidade ACV Galaica